Aviso legal
Co fin de dar cumprimento ao artigo 10 da Lei 34/2002 de Servizos da Sociedade da Información e do Comercio Electrónico, informamos ás persoas usuarias dos nosos datos:
Denominación social: CIUDAD DE VIGO S.L
Domicilio social: c/ Concepción Arenal 5. 36201 Vigo
CIF: B36613347
Teléfono: 986227820
Correo electrónico: info@ciudaddevigo.com
Sitio web: www.ciudaddevigo.com
1.- OBXECTO
CIUDAD DE VIGO S.L (en diante, tamén o prestador), como responsable do sitio web, pon a disposición das persoas usuarias o presente documento, que regula o uso do sitio web https://www.ciudaddevigo.com, co que pretendemos dar cumprimento ás obrigas previstas na Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información e do Comercio Electrónico (LSSICE ou LSSI), así como informar todas as persoas usuarias do sitio web respecto de cales son as condicións de uso do sitio.
A través da Web, CIUDAD DE VIGO S.L facilita ás persoas usuarias o acceso e a utilización de diferentes servizos e contidos postos á súa disposición a través da web.
Toda persoa que acceda a esta web asume o papel de usuaria (en diante, a Persoa Usuaria ou as Persoas Usuarias), o que implica a aceptación total e sen reservas de todas e cada unha das disposicións incluídas neste aviso legal, así como de calquera outras disposicións legais que resulten de aplicación.
Como persoas usuarias, deben ler atentamente este Aviso Legal en calquera das ocasións nas que entren na web, pois esta pode sufrir modificacións xa que o prestador resérvase o dereito a modificar calquera tipo de información que puidese aparecer na web, sen que exista a obriga de preavisar nin de poñer en coñecemento das persoas usuarias estas modificacións, sendo suficiente a súa publicación no sitio web do prestador.
2.- CONDICIÓNS DE ACCESO E USO DA WEB
2.1. Carácter gratuíto do acceso e uso da web.
A prestación dos servizos por parte de CIUDAD DE VIGO S.L ten carácter gratuíto para todas as Persoas Usuarias. Non obstante, algúns dos servizos subministrados polo prestador a través da Web están suxeitos ao pago dun prezo determinado segundo as condicións xerais de contratación.
2.2. Rexistro de persoa usuaria.
Con carácter xeral, a prestación dos Servizos non esixe a previa subscrición ou rexistro das Persoas Usuarias. Aínda así, CIUDAD DE VIGO S.L condiciona o uso dalgúns dos servizos á previa complementación do correspondente rexistro de Persoa Usuaria. Este rexistro efectuarase na forma expresamente indicada na propia sección do servizo.
2.3. Veracidade da información.
Toda a información que facilite a Persoa Usuaria debe ser veraz. Para estes efectos, a Persoa Usuaria garante a autenticidade dos datos comunicados a través dos formularios para a subscrición dos Servizos. Será responsabilidade da Persoa Usuaria manter toda a información facilitada a CIUDAD DE VIGO S.L permanentemente actualizada de maneira que responda, en cada momento, á súa situación real. En todo caso, a Persoa Usuaria será a única responsable das manifestacións falsas ou inexactas que realice e dos prexuízos que cause ao prestador ou a terceiras persoas.
2.4. Menores de idade.
Para o uso dos servizos, as persoas menores de idade teñen que obter sempre previamente o consentimento dos pais, titores ou representantes legais, responsables últimos de todos os actos realizados polos menores ao seu cargo. A responsabilidade na determinación de contidos concretos aos que acceden os menores corresponde a aqueles; por iso, se acceden a contidos non apropiados por Internet, deberán establecerse nos seus ordenadores mecanismos, en particular programas informáticos, filtros e bloqueos, que permitan limitar os contidos dispoñibles e, aínda que non sexan infalibles, son de especial utilidade para controlar e restrinxir os materiais aos que poden acceder os menores.
2.5. Obriga de facer un uso correcto da Web.
A Persoa Usuaria comprométese a utilizar a Web de conformidade coa Lei e co presente Aviso Legal, así como coa moral e as boas costumes. Para tal efecto, a Persoa Usuaria absterase de utilizar a páxina con finalidades ilícitas ou prohibidas, lesivas de dereitos e intereses de terceiras persoas, ou que de calquera forma poidan danar, inutilizar, sobrecargar, deteriorar ou impedir a normal utilización de equipos informáticos ou documentos, arquivos e toda clase de contidos almacenados en calquera equipo informático do prestador.
En particular, e a título indicativo pero non exhaustivo, a Persoa Usuaria comprométese a non transmitir, difundir ou poñer a disposición de terceiros informacións, datos, contidos, mensaxes, gráficos, debuxos, arquivos de son ou imaxe, fotografías, gravacións, software e, en xeral, calquera clase de material que:
-
sexa contrario, desprece ou atente contra os dereitos fundamentais e as liberdades públicas recoñecidas constitucionalmente, en tratados internacionais e noutras normas vixentes;
-
induza, incite ou promova actuacións delituosas, denigrantes, difamatorias, violentas ou, en xeral, contrarias á lei, á moral e á orde pública;
-
induza, incite ou promova actuacións, actitudes ou pensamentos discriminatorios por razón de sexo, raza, relixión, crenzas, idade ou condición;
-
sexa contrario ao dereito á honra, á intimidade persoal ou familiar ou á propia imaxe das persoas;
-
de calquera maneira prexudique a credibilidade do prestador ou de terceiras persoas; e
-
constitúa publicidade ilícita, enganosa ou desleal.
3.- EXCLUSIÓN DE GARANTÍAS E RESPONSABILIDADE
O prestador exímese de calquera tipo de responsabilidade derivada da información publicada no noso sitio web, sempre que esta información fose manipulada ou introducida por un terceiro alleo.
Esta web foi revisada e probada para que funcione correctamente. En principio, pódese garantir o correcto funcionamento os 365 días do ano, 24 horas ao día. Porén, o prestador non descarta a posibilidade de que existan determinados erros de programación, ou que ocorran causas de forza maior, catástrofes naturais, folgas, ou circunstancias semellantes que fagan imposible o acceso á páxina web.
CIUDAD DE VIGO S.L non outorga ningunha garantía nin se fai responsable, en ningún caso, dos danos e prexuízos de calquera natureza que poidan derivar da falta de dispoñibilidade, mantemento e efectivo funcionamento da web ou dos seus servizos e contidos; da existencia de virus, programas maliciosos ou lesivos nos contidos; do uso ilícito, neglixente, fraudulento ou contrario a este Aviso Legal e ás condicións de uso; ou da falta de licitude, calidade, fiabilidade, utilidade e dispoñibilidade dos servizos prestados por terceiros e postos á disposición das persoas usuarias no sitio web.
O prestador non se fai responsable baixo ningún concepto dos danos que poidan dimanar do uso ilegal ou indebido da presente páxina web.
4.- COOKIES
O sitio web do prestador pode utilizar cookies (pequenos ficheiros de información que o servidor envía ao ordenador de quen accede á páxina) para levar a cabo determinadas funcións que son consideradas imprescindibles para o correcto funcionamento e visualización do lugar. As cookies utilizadas teñen, en todo caso, carácter temporal, coa única finalidade de facer máis eficaz a navegación, e desaparecen ao rematar a sesión da persoa usuaria.
En ningún caso se empregarán as cookies para recoller información de carácter persoal.
Para máis información, véxase a nosa Política de Cookies.
5.- LIGAZÓNS (LINKS)
Desde o sitio web é posible que se redirixa a contidos de terceiras webs. Dado que desde a web non podemos controlar sempre os contidos introducidos por terceiros, CIUDAD DE VIGO S.L non asume ningún tipo de responsabilidade respecto destes contidos. En todo caso, o prestador manifesta que procederá á retirada inmediata de calquera contido que puider contravir a lexislación nacional ou internacional, a moral ou a orde pública, procedendo á retirada inmediata da redirección a estas webs, poñendo en coñecemento das autoridades competentes o contido en cuestión.
O prestador non se responsabiliza da información e contidos almacenados, a título enunciativo pero non limitante, en foros, chats, xeneradores de blogs, comentarios, redes sociais ou calquera outro medio que permita a terceiros publicar contidos de forma independente á páxina web do prestador. Porén, e en cumprimento do disposto nos arts. 11 e 16 da LSSICE, o prestador ponse a disposición de todas as persoas usuarias, autoridades e forzas de seguridade, e colabora de forma activa na retirada ou, cando sexa necesario, no bloqueo de todos aqueles contidos que poidan afectar ou contravir a lexislación nacional ou internacional, dereitos de terceiros ou a moral e a orde pública. No caso de que a Persoa Usuaria considere que pode existir algún contido que poida ser susceptible desta clasificación, prégase que o notifique de forma inmediata ao administrador do sitio web.
6.- PROTECCIÓN DE DATOS PERSOAIS
O prestador está fondamente comprometido co cumprimento da normativa de protección de datos persoais e garante o cumprimento íntegro das obrigas dispostas, así como a implementación das medidas de seguridade previstas no Regulamento Europeo de Protección de Datos e na normativa española de protección de datos. Para máis información, véxase a nosa Política de Privacidade.
7.- REDES SOCIAIS
Informámoslle que CIUDAD DE VIGO S.L pode estar presente en redes sociais. O tratamento dos datos que as persoas usuarias inclúan nas mesmas [facéndose seguidoras do prestador nas redes sociais (e/ou realizando calquera vínculo ou acción de conexión a través destas)] rexerase por este apartado, así como polas condicións de uso, políticas de privacidade e normativas de acceso e uso das redes sociais en cuestión e aceptadas previamente pola persoa usuaria. CIUDAD DE VIGO S.L tratará os seus datos co fin de informarlle das actividades, produtos ou servizos do prestador a través destas redes sociais, así como para calquera outra finalidade que as normativas das Redes Sociais permitan, mais non se fará responsable das súas políticas de privacidade.
Queda prohibida a publicación de contidos:
– Que sexan presuntamente ilícitos pola normativa nacional, comunitaria ou internacional ou que realicen actividades presuntamente ilícitas ou contraveñan os principios da boa fe.
– Que atenten contra os dereitos fundamentais das persoas, falten á cortesía na rede, molesten ou poidan xerar opinións negativas nas nosas persoas usuarias ou terceiros, e en xeral calquera contidos que CIUDAD DE VIGO S.L considere non apropiados.
– E, en xeral, que contraveñan os principios de legalidade, honradez, responsabilidade, protección da dignidade humana, protección de menores, protección da orde pública, protección da vida privada, protección do consumidor e os dereitos de propiedade intelectual e industrial.
Así mesmo, CIUDAD DE VIGO S.L resérvase a potestade de retirar, sen previo aviso, do sitio web ou da rede social corporativa aqueles contidos que se consideren non apropiados.
8.- PROPIEDADE INTELECTUAL E INDUSTRIAL
O sitio web, incluíndo a título enunciativo pero non limitativo a programación, edición, compilación e outros elementos necesarios para o seu funcionamento, os deseños, logotipos, textos, fotografías e/ou gráficos son propiedade do prestador ou, no seu caso, dispón da licenza ou autorización expresa por parte das autoras e autores. Todos os contidos do sitio web atópanse debidamente protexidos pola normativa de propiedade intelectual e industrial.
Independentemente da finalidade para a que fosen destinados, a reprodución total ou parcial, uso, distribución e comunicación pública requiren da autorización escrita previa por parte do prestador. Calquera uso non autorizado previamente por parte do prestador será considerado un incumprimento grave dos dereitos de propiedade intelectual ou industrial da autora ou autor.
Os deseños, logotipos, textos e/ou gráficos alleos ao prestador e que poidan aparecer no sitio web pertencen aos seus respectivos propietarios, sendo eles mesmos os responsables de calquera posible controversia que puidese acontecer respecto dos mesmos. En todo caso, o prestador conta coa autorización expresa e previa por parte destes.
O prestador recoñece a favor das súas titulares e dos seus titulares os correspondentes dereitos de propiedade industrial e intelectual, non implicando a mención ou aparición no sitio web a existencia de dereitos nin ningunha responsabilidade do prestador sobre os mesmos, como tampouco respaldo, patrocinio ou recomendación por parte deste.
Para realizar calquera tipo de observación respecto de posibles incumprimentos dos dereitos de propiedade intelectual ou industrial, así como sobre calquera dos contidos do sitio web, pode facelo a través do correo electrónico arriba reseñado.
9.- LEI APLICABLE E XURISDICIÓN
Para a resolución das controversias ou cuestións relacionadas coa presente páxina web ou coas actividades nela desenvolvidas, será de aplicación a lexislación española, á que se someten expresamente as partes, sendo competentes para a resolución de todos os conflitos derivados ou relacionados co seu uso os Xulgados e Tribunais de Vigo.
Hotel ciudad de vigo
C/ Concepción Arenal, 5, 36201 Vigo