Hotel Ciudad de Vigo

Unha estancia única no corazón de Pontevedra

Reservar agora

Hotel Ciudad de Vigo

Elegancia e confort para unha estancia inesquecible

Reservar agora

Hotel Ciudad de Vigo

O hotel ideal para viaxes de lecer e negocio

Reservar agora

Coñece o noso hotel

O teu hotel de 4★ no corazón de Vigo. Dende 1977 coidando cada detalle para que te sintas como na casa. A súa privilexiada localización xunto ao paseo marítimo, ao peirao de embarque ás Illas Cíes e á zona comercial e histórica fan do Hotel Ciudad de Vigo o lugar ideal para as túas estancias de lecer ou traballo.

Unha estancia única no corazón de Pontevedra. Lecer, relax, gastronomía… Mergúllate en Galicia, descubre o corazón das Rías Baixas, os seus encantos e namórate dela.

Cafetería, restaurante, salas de estar, salóns de congresos, parking privado, lavandería, servizo de espertador, room service… Todo pensado para que os nosos clientes se sintan como na casa.

Diferentes categorías de habitacións para que desfrutes dunha estancia de ensueño que che permitirá descubrir un lugar único e especial.

Habitacións

Contamos con 101 habitacións amplas e luminosas, ideais tanto para viaxeiros de negocios como para familias. Os nenos son hóspedes importantes para nós e coidamos cada detalle para que desfruten dunha estancia cómoda.

Eventos

A súa céntrica localización e a ampla variedade de salóns para a organización de todo tipo de eventos converten o Hotel Ciudad de Vigo no escenario ideal para as súas comidas de empresa, convencións, exposicións ou eventos familiares…

Contorna

Pola súa situación, Vigo é unha cidade que mira ao mar. Isto reflíctese na gran cantidade de praias que se sitúan preto da cidade, entre as que destacan a praia de Samil ou a praia do Vao, nas que se unen descanso e natureza.

Galería

Descubra as instalacións do Hotel Ciudad de Vigo.

Disfrute das nosas habitacións con vistas ao mar

Hotel ciudad de vigo

C/ Concepción Arenal, 5, 36201 Vigo